F

FALAR GALEGO

Falar a fala nai é ter anxos na voz,
azas de pomba pola gorxa.
Voar co corazón nas longas tebras da terra;
nas estradas infindas do tempo,
nas fontes onde beben as estrelas,
nos curutos do mundo, alí onde se gardan
os segredos das pedras,
os segredos das nubes,
os segredos do vento,
que só os deuses desvelan.
Soamente na fala nai a liberdade
deixa de ser leria
e faise berro dos pobos,
laio dos séculos, música rexa,
rezo dos fortes,
dos rebeldes que os anhelos apreixan
dos mortos que morreron
coa alma acugulada de estrelas.

falar galego

by fragha

0

Thanks for the...

  1. 0Smile
  2. 0Inspiration
  3. 0Laugh
  4. 0Story
  5. 0Mindtrip
  6. 0Help
  7. 0Feelings

Thank the author

0

Comments


No one has commented on this note yet

Previous
Next