M

Metamorfose

vivo nun país de marea baixa
entre argazos e agullas de coral
construímos a ilusión do solpor
mentres
o sol debruza con quietude
os seus pés
na lagoa da tarde
de enchermos a lúa
o noso país cativo
afogaría en sal océana
apenas é un baixo a romper
a pedra azul das augas
un salseiro de cobalto
sen terra para a labranza
sen augas de beber
sen respiro apenas
só nos queda arrincar a pel
e que veñan as escamas
empeñar brazos e pernas por aletas
e iluminar
coa tuberculose
as galadas que nos dean alento
maradentro

Metamorfose

by fragha

0

Thanks for the...

  1. 0Smile
  2. 0Inspiration
  3. 0Laugh
  4. 0Story
  5. 0Mindtrip
  6. 0Help
  7. 0Feelings

Thank the author

0

Comments


No one has commented on this note yet

Previous
Next